miércoles, 14 de septiembre de 2011

MOVEMENTOS DAS PLANTAS

Mediante a función de relación as plantas captan os cambios que ocorren no medio e responden de diferentes maneiras a eles :
As raíces oriéntanse cara abaixo, mesmo ás veces, evitando obstáculos, como poden ser as pedras.Os talos  oriéntanse cara arriba. Para facer isto, as plantas teñen que recoñecer a dirección vertical.
O talo e mailas follas oriéntanse cara á luz.Cando unha planta recibe luz só por un lado, o talo medra nesa dirección e as follas oriéntanse cara á luz, o exemplo máis claro témolo nos xirasoles.


As plantas gabeadoras cando tocan un soporte (tronco doutra árbore, etc. ) medran enrolándose arredor del, como as plantas gabeadoras: a hedra, por exemplo ou as parras...
Noutras plantas podemos observar movementos "rápidos" , como é o caso das mimosas ou acacias. En África estas árbores emiten taninos como mecanismo de defensa e as súas follas repréganse ata parecer murchas para non ser comidas polas xirafas e outros animais: é un mecanismo de defensa o mesmo que as espiñas que conteñen por iso en inglés coñécense polo nome de "Don´t touch me"(Non me toques); amais de repregarse ou pecharse as súas follas, os talos menores deixanse vencer polo peso cando se sinten ameazadas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario