viernes, 16 de noviembre de 2012

FABRICAS DE SALGADURAS




AS FÁBRICAS DE SALGADURAS

Coa chegada dos fomentadores cataláns ( empresarios que establecen os seus negocios e factorias en Galicia) no século XIX comezou a proliferación de factorías de salgadura por toda a costa de Galicia. Eran edificacións de planta baixa en forma de U que contaban cun pequeno peirao en forma de rampla para facilitar a descarga do peixe.
Unha  vez que o peixe era descargado era levado á zona de salga, chamada CHANCA (A), nesta  zona era onde estaban os PÍOS,(1,2) grandes cubetas soterradas onde tanto os muros como a base estaban construídos en perpiaño.
 
Xunto á CHANCA  ás veces estaba situado o ALFOLÍ (E) ou almacén de sal.
 
En fronte estaba a zona de prensado ou MORTO DA PRENSA (D). O prensado facíase mediante un sistema de pancas, no chan establecíase un punto de apoio, feito en pedra e que se chamaba MACHO. Os MACHOS estaban separados entre eles e tiñan un buraco no medio que permitía pasar unha travesa lonxitudinalmente. Sobre esta apoiaba un dos extremos dun longo madeiro. No outro extremo, a xeito de contrapeso, dispúñanse pedras de diferentes tamaños que permitían exercer o prensado sobre os recipientes onde se poñía o peixe. A trabe de madeira estaba suxeita ao teito da fábrica por medio de cadeas de ferro e con ela facíase o prensado dos tabais.(imaxe 7)
 
Co tempo o xeito de prensar vai evolucionando cara diferentes métodos, entre eles o realizado mediante fusos semellantes aos empregados na elaboración do viño.
 
Os residuos derivados do prensado como a auga e o SAÍN (graxa) sometíanse a un proceso de decantación, que recibía o nome de MOCA; este saín era vendido para o alumeado das vivendas, para protexer a madeira dos barcos e bateas , para elaborar pinturas, industrias de curtidos, facer xabón, como abono, etc, formando parte da producción da fábrica.
 
Entre a zona de salgado e prensado había un gran patio chamado CLARO, cun chan cunha lixeira inclinación cara ao centro por onde discorría unha gabia que servía para evacuar as augas da chuvia e as que se empregaban na limpeza do peixe.
 
 
 
FABRICA DE SALGADURA
 
 
 
 O PROCESO DA SALGADURA

1.REVENIR:

As sardiñas recén transportadas dende os barcos que arribaban á praia deitábanse sobre os batiportes da chanca (A no plano da fábrica) e mesturábanse co sal .

 
 


 
 


PÍOS OU LAGARES 1 E 2





2. CURAR


2.CURAR:

a) En cada PÍO ou LAGAR con SALMOIRA (auga con sal) introducíanse aproximadamente unhas 80.000 sardiñas. Logo tapábase o pío entre 10-20 días, dependendo do tamaño das sardiñas.
Para comprobar que a salmoira estaba no seu punto botábase unha pataca e se esta aboiaba é que estaba no seu punto, mais se afundía había que botarlle máis sal.
Para saber se as sardiñas estaban curadas, premíaselle na cabeza e se non botaba sangue estaba lista, se botaba sangue había que deixalas por máis tempo.
 
b) ROMPER O LAGAR: Cando xa estaban listas destapábanse os píos e as sardiñas sacábanse para as BACÍAS, axudándose do RODO  e do TRUEL. (Fíxate na foto de APEIROS)
 
 

AO FONDO PODE VERSE A PORTA DO ALFOLÍ, QUE ERA O ALMACÉN ONDE SE GARDABA O SAL


3.ENVARETAR:
As sardiñas eran clasificadas polas mulleres, segundo o seu tamaño ( grande, redonda, pequena e mariquiña), logo se atravesaban polos ollos coas VARETAS e colocábanse en feixes de 25 no CARRILLO.





4. LAVAR:
As sardiñas envaretadas eran levadas a unha pía ou tina onde eran lavadas con auga doce. A continuación eran postas a ESCOAR nas mesas das ESTIBADORAS.






5. ESTIBAR:
As estibadoras colocaban axeitadamente as sardiñas nos CASCOS ou PANDEIRETAS que eran elaboradas polos TONELEIROS na mesma fábrica.






6.PRENSAR:

As PANDEIRETAS colocábanse na SOLEIRA DO MORTO (D no plano), era o que se chamaba "cargar o morto" e permanecían así unhas 20 horas prensándose.
O SAÍN ( graxa das sardiñas) escorre polas canles  que había no chan ata os POZOS DO SAÍN , onde era recollido. (C no plano)







MORTO DA PRENSA






OS TONELEIROS TRABALLABAN NA MESMA FABRICA E ELABORABAN AS PANDEIRETAS




CANLES E POZOS DO SAÍN





PÍA PARA LAVAR AS SARDIÑAS CON AUGA DOCE












 

 
 
 
 
 
 
8. ENVIAR:
 
Unha vez levado a cabo todo este proceso as PANDEIRETAS imprimíanse ou etiquetábanse para o seu envio e venda.
 
 
A FÁBRICA ESTABA PRETO DA PRAIA PARA FACILITAR O TRANSPORTE DAS SARDIÑAS
 
 
 
 
 
FABRICA DE SALGADURA DE PUNTA MOUREIRA EN O GROVE
 
Esta fábrica de salgadura foi reconstruída hai poucos anos. Foi unha das primeiras instaladas nas nosas costas coa estructura e métodos dos FOMENTADORES CATALÁNS.
Data do século XVIII e nela procesábase fundamentalmente  sardiña salgada. 
 
 
 
 
 
 









No hay comentarios:

Publicar un comentario