miércoles, 14 de septiembre de 2011

AS PLANTAS CARNÍVORAS

Algunhas plantas que viven en terreos moi pobres, zonas pantanosas e turbeiras moi pobres en nitróxeno e en sales minerais,  buscaron un xeito de acadar estas nutrientes, que lle son tan necesarias, doutro xeito, capturando insectos e outros animais.
Case sempre son insectos, por iso é máis correcto falar de plantas insectívoras, en raras ocasión, tamén atrapan ras e réptiles (zonas tropicais).



Recorda que estas plantas non mastigan nin tragan os animais que capturan. Só aproveitan os sales minerais e precisan realizar a fotosíntese como o resto das plantas.
Moitas destas plantas son pegañentas, deste xeito pequenos animais como os insectos, quedan pegados a elas e morren.



As plantas insectívoras producen e segregan substancias que fan que o corpo destes animais se descompoña e deste xeito a planta xa está preparada para absorver os sales minerais que conteñen estes pequenos animais.



As plantas insectívoras non comen as súas preas, senón que absorven os sales minerais que estes insectos e animais desprenden cando se descompoñen.


Hai outras plantas que posúen unha especie de xerriñas cheas de auga; cando o insecto cae nelas non dá saído e acaba morrendo.



En Galicia temos algún exemplos destas plantas como poden ser as orballiñas ou roreliñas (Drosera) as pinguícola lusitánica,...


ORBALLIÑA OU RORELIÑA





Existen outros tipos de plantas carnívoras que posúen unhas follas que se pechan cando se pousan nelas un insecto ou outro animal pequeno, que acabará morrendo e descompoñéndose .
Nalgunhas zonas tropicais existe tal cantidade de plantas carnívoras que fan que diminúa moito o número de ras, lagartos e outros animais pequenos.





Se queres ver máis plantas deste tipo podes ir ao seguinte enlace :


No hay comentarios:

Publicar un comentario