sábado, 15 de octubre de 2011

A ABELLA (Apis mellifera). A POLINIZACIÓN. O MEL


Existen arredor de 20.000 especies de abellas. Hainas que miden uns poucos milímetros ata as máis grandes que poden chegar aos 4 cm . Destas 20.000, unhas 1.000 especies viven en colonias formadas por unha raíña (abella nai ou mestra) moitas abellas obreiras.
Os machos, abázcaros non fan ningún traballo, agás o de fecundar os ovos.
Polo tanto son animais sociais  que se alimentan do pole e do néctar das flores e fabrican panais ou favos de cera, onde crían e alimentan as súas larvas co mel que elaboran.O seu nome científico, mellifera, significa que fai mel.

Os primeiros restos históricos que fan referencia á relación dos seres humanos e as abellas datan de varios milleiros de anos atrás. As pinturas rupestres da Cova de Araña, en Bicorp, Valencia, no período mesolítico, amosan unha escea  de recollecta de mel, como podes ver nas seguintes fotografías :


COVA DE ARAÑA, BICORP, VALENCIA
ESCEA DE RECOLLEITA DE MEL            




COVA DE ARAÑA, BICORP, VALENCIA
ESCEA DE RECOLLEITA DE MEL          
Sabemos que tamén os exipcios practicaron, por primeira vez a apicultura, no terceiro milenio a. C. , é dicir hai uns 4.400 anos.











As abellas son importantes polinizadoras :

Ao voaren entre as flores desprenden parte do pole que apañan ou do que levan adherido nas cestas das patas o que fai posible que moitas flores sexan fecundadas. As obreiras apañan o néctar e o pole das flores e o levan á colmea. Para apañalo néctar estenden a lingua, zugan (liban) o néctar e almacénao no boche, mentre fan isto, o pole pégase a todo o seu corpo. Cando chegan á colmea constrúe panais de cera ou favos co pole do que tamén se alimentan e tamén o almacenan nas celas do panal.
O néctar que libaron  regurxitano e transfórmano en mel.  



As abellas poden vivir en enxames ata de 75.000 individuos ou en solitario, xa que hai abellas sociais e solitarias. As abellas sociais depositan os ovos nos niños que constrúen co fin de protexer as súas larvas.

As abellas organízanse en castas :

As raíñas ou mestras son as nais das obreiras e as únicas reproductoras. As obreiras son as femias, non reproductoras, que constrúen e reparan os favos ou panais e coidan das larvas e da raíña. Os abellóns ou abázcaros son os machos que fecundan ás novas raíñas.
As obreiras teñen un aguillón conectado a unha glándula de veleno que utilizan para defenderse dos seus depredadores.
O seu aparello bucal ten varios usos : mastigar o pole, modelar a cera e a resina das plantas, libar ou zugar o néctar e asearse.
O seu boche pode almacenar un máximo de 40 miligramos de néctar. As obreiras transportan o pole entre os pelos do seu corpo, pero sobre todo nunhas expansións das patas chamadas cestiños.

CESTIÑO ONDE ALMACENAN O POLE







CAL É A RAÍÑA?


A XELEA REAL :
É unha substancia fluída, abrancuzada e de sabor lixeiramente áspero segregada polas obreiras que depositan nas celas onde nacen as larvas das que constitúe o seu único alimento ao naceren.
É administrada en abundancia ás larvas reais e á raíña . Ten un alto valor nutritivo pois contén glúcidos, proteinas, oligoelementos e numerosas vitaminas


A DANZA DAS ABELLAS

A danza das abellas é un complicado sistema de movementos que fai que otros membros da colmea reciban información sobre a distancia, o rumbo e o resultado da colleita do pole.

Nalgunhas ocasións a abella traza círculos horizontais de dereita a esquerda; outras veces voa trazando a danza en forma de oito cunha axitación continua do abdome. Unha vez finalizada a danza, unha ou varias abellas abandonan a colmea e diríxense cara ás flores onde a primeira apañou o pole.
A danza circular indica que están a pouca distancia, a unha distancia menor de uns 100 m . A danza en forma de oito  indicalles unha distancia maior, de ata uns 6 km e ademais informa da dirección na que se atopan as flores.













O luns 12 de marzo o alumnado de 5º e 6º E.PRIMARIA  imos facer unha visita a APÍPOLIS, a cidade das abellas, sería interesante que entredes na súa páxina web, onde tes vídeos e onde podes ver as diferentes salas deste centro, déixoche o enlace :


Se queres coñecer como eran os lagares da cera ou cerarías visita o seguinte enlace : ( No menú que che aparece á esquerda, preme onde pon : LUGAR DA CERA




Para saber máis sobre a elaboración tradicional da cera, preme no seguinte enlace:










No hay comentarios:

Publicar un comentario