jueves, 11 de abril de 2013

O VIGO ROMANO

 

 

Os castrexos, agás  algunhas liortas por mor de terras ou de gando, vivían de xeito pacífico... e non sabían que do sur, polas terras de Lusitania, o que hoxe es Portugal, estaban chegando os romanos.

Hai máis de 2.000 anos Decimo Xuño Bruto chegaba co seu exército con intención de conquistar o noroeste da Península Ibérica, é dicir , a nosa terra, que aínda non estaba baixo o dominio de Roma como o resto da Península Ibérica.

Cando chegou coas súas tropas ao río Limia, tiveron que vadealo, pero o río Limia era coñecido como o río do Esquecemento, e crían que todo aquel que o cruzase se lle borraría a memoria, isto provocou un gran temor nos seus soldados ,polo que Xuño Bruto decidiu cruzalo e empezou a chamar aos seus soldados polos  seus nomes , para amosarlles que non ocorría nada, que non era máis que unha lenda...e así puideron continuar coa súa conquista de Galicia.

Décimo Xuño Bruto unha tarde, no solpor, foi á praia e mirou como o sol desaparecía tragado polo océano, e metéuselle o medo no corpo , pois os romanos imaxinaban o horizonte do océano como a fin da terra (Fisterra) ... Isto provocou que decidise retirarse coas ssúas tropas e non voltar xamais...

E a nosa terra tivera quedado sen romanizar, de non ser que Xulio César decidise desembarcar coa súa frota no Golfo ÁRTABRO (rías de Ferrol, Betanzos e A Coruña)...

O verdadeiro motivo que traía a César ás nosas costas era O OURO. Despois de comprobar da abundancia de este metal na nosa terra, os romanos enviaron enxeñeiros de minas para dar comezo á súa extración. Iso non gustou aos castrexos , polo que moitos dos nosos castros opuxéron resistencia aos romanos.

Os romanos prepararon as súas lexións e derrotou finalmente aos castrexos en episodios como o do Monte MEDULIO, onde os castrexos asediados preferiron suicidarse tomando beberaxes feitos con teixo, antes de entregarse aos romanos...

Os castrexos vencidos tiveron que axudar e cargar o ouro que os romanos extraían e que marchaba para o Imperio.

Pero foron tamén os romanos os que nos ensinaron o seu idioma, O LATÍN, do que sae a nosa lingua, tamén as súas LEIS e empezaron a construir CALZADAS (estradas romanas), PONTES que aínda hoxe empregamos...

 
Na nosa cidade a romanización ocorre moi cedo. Os restos arqueolóxicos indícanos a existencia dunha moi intensa actividade portuaria como comercial no litoral de Vicus (Vigo) que vai dende comezos do s.IIa.C. ata o s.I d.C. en que dá comezo o período coñecido como "pax romana".
 
Deste período romano quedan importantes restos arqueolóxicos: vilas esparexidas por todo o noso litoral (Alcabre, Toralla, ... ); restos de instalacións portuarias; rúas; instalacións como salinas e fábricas de salgaduras romanas... ; necrópoles (cemiterios romanos), restos submarinos...; así como a forte romanización dos poboados castrexos da nosa cidade e bisbarra.
 
As ultimas excavacións levadas a cabo na zona do Areal e no casco vello indícanos a probable existencia, entre os s. III e VI d. C. dun importante asentamento humano, o VICUS ROMANO.
 
 
A continuación van unha serie de artigos de "Faro de Vigo" e da "Voz de Galicia" que falan de achádegos destas épocas; así mesmo un interesante folleto do Museo do Mar ,que fai un itinerario polos restos romanos máis salientables do noso litoral.
 
Sería aconsellable que fixérades a visita aos museos que temos na nosa cidade: Museo do Mar (Alcabre) visitando os restos do castro do Muíño do Vento, e o altar púnico que hai no seu exterior, A Vila romana de Toralla, antes da entrada á ponte que leva a illa do mesmo nome. O Castro de Vigo e ao Museo Salinae na rúa Rosalía de Castro...
 
 
 
 
 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 




O EXERCITO ROMANO

Os romanos servíronse das LEXIÓNS para conquistar o que foi o seu grande IMPERIO.
Cada lexión contaba con aproximadamente 5.000 soldados de infantería e centos de cabalería.
Moitos dos CAMPAMENTOS que erguían para albergar a estes lexionarios convertéronse logo en CIDADES, como é o caso da cidade de LUGO (Lucus Augusti)

VÍDEO: LUCUS AUGUSTI
 
 

O EXERCITO ROMANO

O exército romano estaba formado por 4 LEXIÓNS, cada unha con máis de 5.000 soldados; cada unha estaba dividida en 100 COHORTES; cada cohorte dividíase a súa vez en 6 CENTURIAS, dirixida cada unha por un CENTURIÓN; cada cnenturia diividíase en 10 CONTUBERNIA, que era a unidade máis pequena do exército.


VÍDEO: AS LEXIÓN ROMANAS

 
 
 
 
 

 
 


ARMAS DE ASALTO ROMANAS
 



CAMPAMENTO ROMANO



FORMACION A TARTARUGA



FORMACIÓNS DO EXÉRCITO



HIPPOI



LEXIONARIO



MAXISTRATURAS ROMANAS



NAVE DE GUERRA FENICIA



NAVE ROMANA


















SOLDADOS ROMANOS



TRIRREME FENICIO
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario